Published on Alasbarricadas.org (http://m.alasbarricadas.org/noticias)

Inicio > [GAL] EsCULcA presenta queixa polas pésimas condicións do C.P. de Teixeiro

[GAL] EsCULcA presenta queixa polas pésimas condicións do C.P. de Teixeiro

Enviado por bruce harper en Lun, 24/12/2012 - 10:44

No cadro do seu traballo de observación nos centros penitenciarios situados na Galiza, EsCULcA comprobou recentemente graves deficiencias nas infraestruturas do de Teixeiro e serias carencias nos programas de actividades que o penal debe proporcionar ás persoas presas, o que motivou a presentación de queixas [1] perante a dirección do centro e a Defensoría del Pueblo.

En materia de infraestruturas, as queixas recollen a preocupación do noso Observatório polo estado de absoluto abandono en que se encontran as celas que ocupan os penados clasificados en primeiro grao, réxime de vida pechado, o que supón un grave risco para a saúde e mesmo a vida destas persoas por canto –en virtude do réxime em que foron clasificadas- pasan a maior parte do tempo encerradas. A isto é preciso sumar a situación da propia galeria, con numerosas goteiras que provocan que a humidade sexa intensa e as temperaturas extremadamente baixas en inverno.

Por outra parte, o noso Observatorio ten coñecemento da inexistencia des programas de actividades para os presos clasificados en primeiro grao de tratamento, o que repercute negativamente nestas persoas que, polo seu grao de clasificación, son precisamente as que mais necesitadas están de actividades tratamentais. Segundo as nosas noticias, os propios internos solicitaron á Dirección do penal a implantación e desenvolvemento dun programa de actividades en reiteradas ocasións, e o mesmo fixeron o educador e a escola que funciona no interior, mais até agora non foi tomada medida algunha para solucionar tan grave carencia.

Tamén en materia de asistencia sanitaria, o noso observatorio recibiu numerosas queixas que igualmente se fan constar na denuncia. Moitas delas referidas aos prolongados períodos de tempo que as persoas internas deben agardar antes de seren examinadas e tratadas por especialistas en psiquiatria ou odontoloxía. Tendo en conta que estas persoas carecen doutras alternativas sanitarias, EsCULcA entende que é inadmisíbel que sexan obrigadas a esperar meses sen recibir a adecuada atención médica.

EsCULcA reclama nos seus escritos a adopción inmediata das medidas precisas para subsanar tan graves deficiencias.

Tags: 
Teixeiro [2]
Especial: 
Anti-carcelario
Enlaces relacionados / Fuente: 
http://www.esculca.net/web/node/3379#.UNgjn3f-J6Z

Source URL: http://m.alasbarricadas.org/noticias/node/23056

Links:
[1] http://esculca.net/arquivo/queixa%20teixeiro%20registada%201.png
[2] http://m.alasbarricadas.org/noticias/taxonomy/term/2260